Translate

26 dic 2012

AS MARÍAS DE COMPOSTELA


por María Xosé Queizán, 24/12/12

Cando era nena e ía de visita a Santiago, onde vivían @s García, familiares da miña nai por parte de nai, xa tiven ocasión de ver, baixando pola Algalia, a dúas mulleres estrañas, collidas do ganchete, coa cara enfariñada, pintadas como no entroido e vestidas dun xeito estrafalario. Dábanme medo porque sabía que non era carnaval, que non pretendían asustar a ninguén nin tampouco facer rir, que o estupor que causaban en min non era manifestado polo resto da xente.
Seguín véndoas cando fun maior. Malia os cambios que se producen nas cidades cos anos, esta cerimonia permanecía. Se me cadraba pasar polo Toural ou pola Alameda ás Dúas en Punto, outro dos nomes que recibían as Marías, presentábanse como espectros envellecidos. A regularidade da súa aparición tiña o carácter dun contrato, coma se o Concello negociase os seus servicios para unha actuación, coa finalidade de divertir a visitantes e turistas. Pero non. Viñan de seu. ler máis en feminismo.eu